Nove empresas galegas participan no MIPCOM de Cannes

O mercado de contidos televisivos e de entretemento comezou onte

6/10/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Bambú Producciones, Ficción Producciones, Filmanova, Maruxiña Films, Portocabo, R, Treeline Distribution, Yellow Train Productions e Zenit TV son as produtoras galegas que desde onte están presentes no XXVI MIPCOM. O maior mercado mundial de contidos televisivos e de entretemento abría onte as súas portas cunha delegación galega apoiadas pola Axencia Galega das Industrias Culturais e mais polo Clúster Audiovisual de Galicia. As produtoras do país preséntase no marco do pavillón audiovisual from Spain onde tamén se distribúe o catálogo Films from Galicia. O evento continuará ata o vindeiro 8 de outubro da cidade francesa de Cannes

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cannes, Ficción Producciones, Filmanova, Portocabo...