Coa produción de series e contidos audiovisuais para televisión no seu punto álxido, caseque convertido en fenómeno, ábrese hoxe na localidade francesa de Cannes o maior mercado mundial destes contidos e alí estará presente a industria galega a través da delegación comercial Films from Galicia. Once produtoras e máis a Axencia Galega de Industrias Culturais representan alí o noso audiovisual en forma de series e películas para televisión a través do programa de promoción exterior da industria audiovisual galega que desenvolve Agadic xunto co Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) co obxectivo de favorecer a procura de compradores e socios internacionais para as producións e coproducións galegas. Calcúlase que MIPCOM move a máis de 2.400 compradores de contidos de todo o planeta. Control Z, CTV, Ficción Producciones, Filmanova, Maruxiña Films, Portocabo, Produtora Faro, R, Treeline Distribution, Voz Audiovisual e Zenit TV participan desde hoxe neste mercado promovendo as súas producións.
É o caso de Vidago Palace, unha serie de Portocabo, que está xa en proceso de rodaxe como coprodución entre Televisión de Galicia e a RTP portuguesa. Portocabo tamén presenta no MIPCOM outra coprodución, Os fillos do sol, neste caso xunto á empresa catalá Diagonal TV para TVG e Televisió de Catalunya. Pola súa banda, Ficción Producciones participa en Cannes con Tutu, entre outros proxectos, unha serie de animación. O resto das compañías acoden tamén cos seus últimos produtos e/ou proxectos, como a serie Fontealba de Zenit TV. Moitos deles figuran, así mesmo, na última edición do catálogo Films from Galicia, que a AGADIC está a difundir no Palacio de Festivais de Cannes, desde o espazo dedicado ao audiovisual de Galicia dentro do pavillón Audiovisual from Spain, promovido polo Instituto de Comercio Exterior (Icex).