Oito produtoras galegas participan no MIPCOM de Cannes

A Agadic apoia a presenza galega na feira mundial de contidos audiovisuais

16/10/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Big Rights, Cinfo, Congo Producciones, CTV, Ficción Produciones, Portocabo, Voz Audiovisual e Zenit TV son as oito produtoras galegas que están presentes na edición deste ano do MIPCOM de Cannes. A maior feira internacional dedicada aos contidos audiovisuais abría onte as súas portas na cidade francesa a contar cunha delegración galega que encabeza a Axencia Galega das Industrias Culturais. As empresas galegas buscarán no evento distribución para os seus produtos e socios para coproducir novos proxectos. Cinfo, empresa especializada na retransmisión e realización de eventos deportivos e musicais e na elaboración de metadatos é a última incorporación á delegación galega nesta feira que se prolonga ata o vindeiro 18 de outubro. Ademais destas produtoras, a Agadic distribuirá no evento o catálogo Films from Galicia, que repasa a produción audiovisual do noso país.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Cannes, CTV, Voz Audiovisual...