Sete produtoras galegas participan no MIPCOM de Cannes

O mercado internacional de contidos televisivos celébrase ata o 16 de outubro

15/10/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A vila francesa de Cannes acolle un ano máis, ata o vindeiro 16 de outubro o MIPCOM. Esta feira, considerada a máis importante do mundo no campo dos contidos televisivos conta na nova edición coa presenza de sete produtoras galegas, que acoden co apoio das axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) para a internacionalización. En concreto trátase de Destino Bergen, Ficción Producciones, Filmanova, que acode coa súa filial mexicana, Portocabo, Tree Line, Voz Audiovisual e Zenit TV. Entre outros proxectos, as empresas galegas levan a este mercado producións como o filme Schimbare de Álex Sampayo, o documental Los austrias ou a a adaptación televisiva da novela de Jorge Díaz Cartas a palacio

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cannes, Documental, Feira, Ficción Producciones...