A presenza galega no MIPTV de Cannes, considerado o principal mercado de produtos televisivos de Europa, medra este ano. Se nas últimas edicións era un máximo de oito as produtoras do paÃs presentes no evento, nesta xeira cóntanse once firmas galegas nesta feira. Areca Films, Bambú Producciones, Ficción Producións, Filmanova, Frida Films, Intuitive Productions, Maruxiña Films, Portocabo, Somadrome, Voz Audiovisual e Zenit Televisión representan o noso audiovisual no mercado baixo a marca Films from Galicia dentro do pavillón español.
Entre as novidades que se presentarán no encontro Somadrome e Intuitive Productions achegan en primicia os documentais, Pluto.The last Frontier e Is Anybody Out There?, ao programa paralelo MIPDOC. Pola súa banda, Teresa Fernández-Valdés, produtora executiva de Bambú Producciones, foi seleccionada pola organización do evento para impartir unha charla.
A delegación do noso paÃs promocionará ademais os traballos incluÃdos no catálogo Films from Galicia.
Catálogo Films from Galicia.Entre as novidades que se presentarán no encontro Somadrome e Intuitive Productions achegan en primicia os documentais, Pluto.The last Frontier e Is Anybody Out There?, ao programa paralelo MIPDOC. Pola súa banda, Teresa Fernández-Valdés, produtora executiva de Bambú Producciones, foi seleccionada pola organización do evento para impartir unha charla.
A delegación do noso paÃs promocionará ademais os traballos incluÃdos no catálogo Films from Galicia.