Dez empresas do Clúster asistirán ao mercado audiovisual paralelo á Berlinale

O European Film Market celébrase do 5 ao 15 de febreiro

8/1/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Unhas das partes da Berlinale, o festival de cine de Berlín, é o seu mercado audiovisual, o European Film Market que se celebra do 5 ao 15 de febreiro. Un espazo ao que asisten produtores, distribuidores, compradores e axentes de venda para facer tratos, entablar novas relacións e estar ao día do que acontece no sector. Unha cita é que asistirán dez empresas do Clúster Audiovisual Galego. Xamalú Filmmes, Voz Audiovisual, Adivina Producións, Ficción Producións, Formato Producións, Filmanova, Continental, Abano Producións e Perro Verde Films son as empresas están acreditadas para participar nos screenings así como para asistir a selección oficial.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Berlinale, Cine, Filmanova, Clúster Audiovisual Galego...