Dezasete empresas produtoras e distribuidoras, ademais da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o Cluster Audiovisual Galego (Clag) e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) conforman a delegación institucional e empresarial galega no European Film Market, que arranca mañá en Berlín en paralelo á 70ª edición do seu prestixioso festival internacional de cinema. As devanditas empresas chegan á cita berlinesa con cadansúa carteira de títulos tanto en proxecto como en fase de produción ou xa rematados. Moitos deles recóllense, ademais, na nova edición do catálogo promocional Films from Galicia, que inicia aquí a súa distribución internacional. Esta publicación anual da Xunta dá conta do bo momento que está a vivir o noso audiovisual. Como en anos anteriores, as empresas galegas acreditadas contarán cun espazo propio para as súas xuntanzas de traballo e a difusión das súas producións dentro do pavillón de Cinema from Spain no recinto feiral do Martin-Gropius-Bau, desde onde se difunde tamén o catálogo galego.
En concreto, desprázanse ata este mercado os representantes de Abano Producións, Big-Rights, Cósmica Producións, CTV, Del Álamo Estudio, Ficción Producciones, Maruxiña Films, Matriuska Producciones, Miramemira, Noveolas Producciones, Numax Distribución, Ollovivo Producións, Portocabo, Sétima Cinema, Sun Lúa, Vaca Films e Zeitun Films. A estrea absoluta do filme Lúa vermella (Zeitun Films), o novo traballo do realizador Lois Patiño, o sábado 22 dentro da sección Forum da Berlinale será un dos momentos destacados do audiovisual galego este ano en Berlín. O filme será ademais un dos focos principais do evento Galician Film Industry at Berlinale, que terá lugar na noite do luns 24 no Academie Lounge. Neste acto, organizado pola Agadic e o Clag, o audiovisual galego será o anfitrión de profesionais do sector de numerosos países. Outro dos momentos con destacada presenza galega terá lugar na mañá do sábado dentro do ciclo de conferencias organizado polo ICEX España Importación e Inversiones e o Instituto de la Cinematografía y las Artes Audiovisuales (ICAA), durante o que Andrea Vázquez e Xavi Font, produtores do filme de Oliver Laxe O que arde, intervirán na sesión dedicada a casos de éxito no ámbito da coprodución nacional e internacional.