O vindeiro Galicia Escena Pro celebrarase en xuño

O mercado de artes escénicas trasládase á primavera e estrea web

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

Compostela acollerá entre o seis e o nove de xuño vindeiros a cuarta edición do Galicia Escena Pro. O mercado de artes escénicas trasládase á primavera para optimizar a planificación do mercado no calendario dos eventos escénicos a nivel estatal, unha decisión que a Axencia Galega das Industrias Culturais tomou logo de conversas con Escena Galega e programadores culturais. Ademais do cambio no calendario, o evento achegará outras novidades, como é a incorporación de espectáculos de fóra de Galicia e a posta en marcha dun web específico que permitirá o rexistro en liña de compañías e axentes culturais interesados en participar. O vindeiro mes de marzo abre o prazo de presentación de proxectos para as compañías, mentres os profesionais da programación cultural poderán inscribirse a partir de maio.

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Escena PRO, Artes Escénicas, Escena Galega, Axencia Galega das Industrias Culturais...