Galicia Escena Pro achegará 17 obras íntegras e 10 en formato Pitching

O mercado de artes escénicas celebrarase en Compostela entre o 10 e o 13 de xuño

23/4/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: espectáculosteatro
36 lecturas | Compartido 0 veces

A Axencia Galega das Industrias Culturais acaba de facer pública a selección de obras que farán parte da vindeira edición do Galicia Escena Pro, primeira coorganizada con Escena Galega. O mercado de artes escénicas que se celebra en Compostela entre os días 10 e 13 de xuño vindeiros. En total o evento programará en Compostela un total de 17 obras íntegras e 10 en formato pitching de compañías galegas, ás que se suman un espectáculo seleccionado da Comunidade de Madrid (MADferia) e dous espectáculos seleccionados entre Cantabria, Asturias e Euskadi (Camiño Escena Norte).
A comisión de valoración, conformada por Marta Núñez, Begoña Llamosas, Raquel Hernández e Juan Rodríguez, realizou a selección entre 59 espectáculos en formato completo e 24 propostas en formato pitching presentadas, unha destacada mingua de participación a respecto da anterior edición, cando se avaliaran 91 espectáculos completos e 21 para pitching. Coa intención de "procurar un equilibrio de linguaxes, poéticas e formatos, así como unha participación compensada entre as compañías con máis traxectoria e as máis novas", así como de "valorar a presenza equilibrada e real das mulleres en diferentes responsabilidades artísticas" e de "defender a participación de proxectos xerados no ámbito profesional e que garantan profesionalidade no proceso de produción", o comité priorizou nunha segunda fase as compañías que non tiveran presenza previa no evento. Finalmente a listaxe de propostas seleccionadas ficou, tal e como recolle o web da Agadic: ESPECTÁCULOS EN FORMATO COMPLETO ADULTO: A compañeira de piso, de Contraproducións Bernarda,de Malasombra Producións Despois das ondas, de ButacaZero - Deputación da Coruña Dúas donas que bailan, de Teatro do Atlántico Idiota, de Redrum Teatro Involución, de Compañía N+1 Liberto, de Amarelas Producións O empapelado amarelo, de A quinta do cuadrante INFANTIL/FAMILIAR: A toupiña que quería saber quen lle fixera iso na cabeza, de A xanela do maxín Circopeta, de Odaiko Mai Mai, de Baobab Teatro Ummm!!!, de Avento Producións Teatrais NOVAS LINGUAXES: A gala, de Licenciada Sotelo As vacacións máis longas, de Diego M. Buceta Deixa de tocala,Sam, de AveLina Pérez & Velpister Pink Unicorns, de La Macana TEATRO DE RÚA: OhOlimpiadas!!!, de Compañía Sincronacidas PROXECTOS EN FORMATO PITCHING C´est pas possible!, de Marta Iglesias Clausura do amor, de Cámara Negra Producións Dreaming Juliet, de Elefante Elegante Illas desertas, de Artesa Cía. Lixo, de O baúl da tía Tola Nun cuarto da rotonda, de Acusmaster Opus O mel non caduca, de Ibuprofeno Teatro Os nenos da varíola, de Pérez&Fernández Todas as marabillas do mundo, de Producións Dispersas Voa, voa!, de Talía Teatro

Universo culturagalega.gal