A Universidade do PaÃs Vasco, en Donostia, acollÃa este luns 3 de novembro a xuntanza constitutiva do Consello das Linguas Oficiais. O novo organismo, que substitúe o antigo "Consejo de las Lenguas Oficiales de la Administración General del Estado", constitúese como órgano estatal de seguimento en materia de polÃtica lingüÃstica a nivel estatal.
Entre as funcións do organismo está servir como foro de debate no que as distintas administracións con competencias en materia de linguas oficiais poidan propoñer cuestións relativas ás mesmas, estudar a súa situación e impulsar a aplicación e o seguimento dos compromisos adquiridos por España no marco da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias do Consello de Europa.
A nova entidade conta como membros plenos a representantes dos gobernos daquelas autonomÃas que contan con lingua propia. PaÃs Vasco, Cataluña, Navarra, Comunidade Valenciana, Illas Baleares e Galicia están presentes neste apartado. Canda a eles, tamén se consideran membros a organismos e institucións con especial relevancia en materia de linguas, e, como convidadas, as academias dos territorios correspondentes, entre as que se atopa a Real Academia Galega.
Deste xeito, o secretario Xeral de PolÃtica LingüÃstica, ValentÃn GarcÃa, e mais o presidente da RAG, Henrique Monteagudo, asistiron ao encontro inaugural deste organismo. Entre as primeiras medidas consensuadas entre as entidades participantes está impulsar os distintos idiomas na xustiza, nomeadamente ante a implantación dunha nova plataforma de xestión procesual.
Canda a isto, GarcÃa reclamou que os idiomas oficiais como o galego teñan unha maior presencia nas corporacións de radio televisión pública. Do mesmo xeito, Monteagudo reivindicou se axilice a incorporación do galego á oferta infantil de RTVE. Canda a isto, sinalou a importancia de que se recoñeza a galeguidade das falas do Eo-Navia.