Eduardo Alonso acada un novo MAX por Último cowboy

Voadora era finalista na categoría a mellor espectáculo revelación por Tokio 3

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Detalle do espectáculo. Fonte: Teatro do Noroeste

Detalle do espectáculo. Fonte: Teatro do Noroeste

Último cowboy está protagonizado por un directivo de banca e unha estranxeira que falan de diferentes mundos europeos, das relacións familiares e dos problemas persoais. O texto acaba de valerlle a Eduardo Alonso un premio MAX na categoría de mellor autor teatral en galego que se fallaron onte en Madrid. A noite foi a de Mario Gas, que co seu Follies levou os 6 premios aos que era finalista: mellor espectáculo musical, mellor director musical, mellor figurinista, mellor dirección de escena, mellor actos protagonista e mellor actriz de reparto. O premio para o mellor espectáculo de teatro foi para En la luna. A compañía Voadora era finalista na categoría a mellor espectáculo revelación por Tokio 3 que ao final foi para Escena Miriñaque por Cartas de las golondrinas.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Eduardo Alonso, Voadora, Tokio...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares