Tokio 3 de Voadora é finalista dos Premios Max a mellor espectáculo revelación

A gala de entrega terá lugar o 13 de maio en Madrid

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Detalle do espectáculo Tokio 3

Detalle do espectáculo Tokio 3

Era o espectáculo co que pechaba unha triloxía sobre o tempo e os lugares comúns. En Tokio 3 convidaron ao espectador a fabular sobre o paraíso futuro e fixérono cunha revisión dos clásicos coa súa letura fresca, áceda e que mesturaba enriba das táboas danza, música e teatro con moito sentido do humor. E o seu traballo ten recompensa porque son finalistas aos Premios Max, o máximo galardón das artes escénicas, na categoría de “Mellor espectáculo revelación”. Trátase dunha categoría no que cada comunidade autónoma elixe aos seus representantes. Os gañadores saberanse o vindeiro 13 de maio no transcurso dunha gala que terá lugar en Madrid.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Abertos a soñar

Abertos a soñar

Voadora completa con Tokio 3 a súa triloxía sobre os lugares comúns

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Tokio, Madrid, Voadora...