Trece finalistas compiten polos Premios Opinión de música folk

Os gañadores do certame coñeceranse nunha gala que se celebrará en maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

As tres categorías dos Premios Opinión de música folk, mellor tema, mellores artistas e mellor disco, contan este ano con trece aspirantes. Os galardóns inauguran nesta XI Edición unha nova fórmula, pola que os gañadores só se coñeceran no transcurso da gala de entrega que se celebrará o vindeiro mes de maio. Malia a que estaba previsto que houbese catro finalistas por categoría, un empate nas votacións deu en que finalmente haxa cinco candidatos a mellor tema.

Finalistas aos XI Premios Opinión

MELLOR TEMA
Alalás encadeados de Uxía
Depressa a vida passa de Ugia Pedreira e Fred Martíns
Fendendo achas de Talabarte
Jumping Bits de Assembly Point
Verdes herbas de Doa

MELLORES ARTISTAS
Óscar Fernández
Xoán Piñón
Begoña Riobó
Uxía

MELLOR DISCO
Assembly Point, de Assembly Point
A fronda dos cervos de Doa
Talabarte, de Talabarte
O tambor de prata de Vaamonde, Lamas e Romero

O premio Andaina Senlleira, que recoñece o traballo a prol da música de raíz, darase a coñecer antes da ceremonia.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, Ugia Pedreira

Claves

Protagonistas
Conceptos