Unha gala presenta en Santiago os gañadores dos Premios Ari(t)mar

Os galardóns recoñecen os mellores traballos de música e poesía galego-portuguesa

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Unha gala presenta en Santiago os gañadores dos Premios Ari(t)mar

A Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Santiago de Compostela acolle o vindeiro 25 de outubro a gala de entrega dos Premios Ari(t)mar. Estes galardóns, que recoñecen as mellores composicións musicais e poéticas galegas e portuguesas convocáronse por vez primeira este ano coa intención de "dar a coñecer e difundir a poesía e a música editada en 2015 na Galiza e en Portugal, así como achegar a cultura e a lingua dos dous países" e seleccionáronse por votación aberta. Logo de varias fases, finalmente os vencedores foron Medusa de Capicua como mellor tema musical portugués, mentres a Cantiga da montaña de Xabier Díaz na categoría de mellor tema música galego. José Ricardo Nunes impúxose con Não sei, minha filla... como autor do mellor poema portugués, mentres O corazón de María do Cebreiro foi seleccionado como mellor poema galego. Os gañadores actuarán nunha gala que estará presentada por Carlos Meixide e Isabel Risco.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Portugués, Carlos Meixide, María do Cebreiro...