O certame aRi[t]mar premia a música de A Banda da Loba e os irmáns Sobral

Os premios de poesía escolleranse a finais de maio

O tema "Bailando as rúas" de A banda da loba, da beira galega e "Amar pelos dois" dos irmáns Sobral, pola portuguesa, foron os gañadores no apartado musical do certame aRi[t]mar Galiza e Portugal, desenvolvido inicialmente pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela. O concurso ten o obxectivo de "divulgarmos a música e a poesía galego-portuguesas actuais, e achegarmos a cultura e a lingua dos dous países, no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade". Os gañadores son escollidos a través dunha votación en liña a partir de temas e poemas editados en Galicia e Portugal no ano anterior. A partir do 20 de maio coñeceranse os poemas gañadores tamén en galego e portugués. Os premios entregaranse conxuntamente nunha gala coas actuacións dos galardoados.