Paco Souto gaña o certame de poesía aRi[t]mar

O premio á mellor poesía en portugués foi para o portuense Pedro Craveiro

23/5/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaLingua
38 lecturas | Compartido 0 veces

Paco Souto. Fotografía de Distrito Xermar (2015). AELG

A título póstumo o recentemente falecido poeta e activista cultural Paco Souto ven de ser o gañador do premio ao Mellor poema galego do certame aRi[t]mar galiza e portugal O poema Terradentro, de Souto publicado o pasado ano no libro de Laiovento resultou o máis votado nas categoría en galego mentres que a obra Fui a Bruges esquecer um amor de Pedro Craveiro (Porto,1990) foi a que venceu na modalidade de lingua portuguesa. O certame aRi[t]mar galiza e portugal é un proxecto didáctico-cultural desenvolvido inicialmente pola Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Santiago de Compostela, e que ten por obxectivo divulgarmpos a música e a poesía galego-portuguesa actuais, e achegarmos a cultura e a lingua dos dous países. As votacións anónimas polas que se escollen os galardoados fanse en liña en nelas participan membros da comunidade educativa da EOI e dos centros do Ensino Português pelo Camões na Galiza: IES Arcebispo Xelmirez I (Santiago de Compostela), IES Félix Muriel (Rianxo), IES de Valga, IES Valadares (Vigo), IES Politécnico (VIgo), IES A Sangriña (A Guarda), CEIP Mariñamansa (Ourense), CEIP Manuel Luís Acuña (Ourense), CEIP Oimbra e CEIP Princesa de España (Verín), que se suman ao Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, ás Escolas Oficiais de Idiomas de Lugo e de Pontevedra e á Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Xa anteriormente se fallaran os galardóns da área musical e en outubro celébrase unha Gala de premios con actuacións e intervencións dos galardoados, agas o falecido Souto que estará representado.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego