Eduardo Alonso gaña o premio MAX por Extrarradios

Animalario e Teatro Lliure foron os grandes vencedores da XII edición

31/3/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Eduardo Alonso acaba de facerse cun premio MAX na categoría de “mellor autor teatral en galego” pola obra Extrarradios. Comedia de mulleres desamparadas de Teatro do Noroeste. Así se deu a coñecer no transcurso da XII gala dos Premios MAX na que tanto Animalario como Teatro Lliure foron os grandes vencedores. Menos sorte tiveron os galegos Baltasar Patiño, finalista na categoría de Mellor deseño de iluminación por Si, pero no lo soy e Lagarta, Lagarta finalista a mellor espectáculo revelación, que non acadaron os seus galardóns.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Eduardo Alonso, Premio Max, Lagarta...