Cinco galegos optan a levar un premio Max

Javier Gutiérrez e Baltasar Patiño compiten nas categorías de mellor actor e mellor iluminación

26/1/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Os premios Max poden ter este ano aire galego. Cinco traballadores das táboas do país aspiran a levar algún destes prestixiosos galardóns. Na categoría de mellor actor protagonista atopamos o ferrolán Javier Gutiérrez, polo seu traballo en Argelino, servidor de dos amos. Pola súa banda, Baltasar Patiño pode gañar o premio á mellor iluminación polo seu traballo en Si, pero no lo soy. Canda a eles, Cándido Pazó, con E ti quen vés sendo?, Eduardo Alonso con Extrarradios e José Luís Prieto Roca con O ridículo desamor dun home máis ou menos normal compiten polo premio ao mellor autor teatral en galego.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Baltasar Patiño, Premio Max, Eduardo Alonso, Cándido Pazó