Moncho Borrajo, Druída Danza e Teatro do Noroeste preseleccionados para varias candidaturas dos premios Max

Penúltima criba

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
As primeira das votacións dos premios Max comezará o 13 de xaneiro e entre os candidatos aos galardóns máis importantes da escena estatal figuran varios galegos. A compañía coruñesa Druida danza está preseleccionada na categoría de mellor espectáculo de danza, coreografía, escenografía, intérpretes de danza (feminino e masculino), iluminación, intérprete masculino e mellor empresario ou produtor. Quen tamén conta con múltiples candidaturas é o galego Moncho Borrajo que figura nas categorías de mellor autor teatral en castelán, actor, director de escena e dous dos seus espectáculos optan a mellor deseño de iluminación e a actor de reparto. Ademais de Teatro do Noroeste que aspira á candidatura en catro categorías. Por último, Eduardo Alonso, Cándido Pazó, Gustavo Pernas e Jose Luís Prieto teñen opcións para ser o mellor autor en galego.

Todo os candidatos no web dos Premios Max

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Teatro, Teatro do Noroeste, Espectáculo...