O Museo Valle-Inclán situado na Pobra do Caramiñal acaba de recibir unha importante doazón que incrementará os fondos dos que dispón sobre o autor. O profesor, escritor e investigador JoaquÃn del Valle-Inclán Alsina, neto do dramaturgo, foi o responsable desta cesión que inclúe cartas, documentos, mobiliario e mesmo a máscara mortuoria do recoñecido autor.
Segundo apunta El Correo Gallego, este legado inclúe a máscara mortuoria do propio Valle-Inclán, realizada polo escultor Francisco Asorey, e pezas como a escultura dun moai que o dramaturgo adquiriu nunha viaxe a Chile. Canda a isto, o Museo incorporará preto de duascentas fotografÃas e seiscentas imaxes dixitalizadas de publicacións sobre el na prensa.
Ademais, douscentos libros da biblioteca persoal do autor de Martes de Carnaval, sentenzas sobre os apelidos dos seus antepasados desde o século XVI, documentos históricos sobre as guerras carlistas ou mesmo o mobiliario do comedor familiar pasarán a facer parte dos fondos do centro.
A doazón realÃzase por un perÃodo inicial de doce anos prorrogables e condicionada a que o museo conte cun espazo axeitado para a conservación e exposición dos fondos e que o centro corra co inventario, dixitalización e rexistro destes bens, asà como das tarefas de conservación e restauración dos mesmos.