Nunha comparecencia no Parlamento, mercé a unha pregunta da deputada do BNG Ana Pontón, o Conselleiro de Cultura declarou que está a piques de pechar un acordo co Arcebispado de Santiago para abrir ao público "coa maior brevidade posible" o Panteón de Galegos Ilustres, a través dun convenio. Varela avanzou que por este convenio, a ConsellerÃa de Cultura e Turismo asumirá a "xestión, dirección e mantemento do Panteón, unha actuación que se considera fundamental e prioritaria". Entrementres, a Asociación de Escritores en Lingua Galega mobilizou xa a 160 entidades para realizar unha marcha cÃvica ao Panteón no 15 de xullo, reproducindo o traslado dos restos fúnebres de RosalÃa de Castro desde Iria ata Bonaval na que se reivindicará o Panteón como un "espazo laico e aberto". Nel están soterrados seis figuras clave do Rexurdimento e o galeguismo.
O Panteón de Galegos Ilustres permanece pechado desde que a titularidade da igrexa de San Domingos de Bonaval pasou a ser do Arcebispado de Santiago, nunha sentenza que se executou en 2010.
O Panteón de Galegos Ilustres permanece pechado desde que a titularidade da igrexa de San Domingos de Bonaval pasou a ser do Arcebispado de Santiago, nunha sentenza que se executou en 2010.