
No evento, Justo Beramendi, presidente do Museo, e Anxo Angueira, responsable da Fundación, reivindicaron o acceso público ao Panteón de Galegos Ilustres, actualmente limitado a datas concretas logo da sentenza que recoñeceu a propiedade da Igrexa sobre o templo. Os voceiros destas entidades reclamaron o desbloqueo da Proposta de Lei do Panteón de Galicia que, por iniciativa do Museo do Pobo Galego, presentou o Consello da Cultura Galega en 2011 consensuada con institucións como a Real Academia Galega, a Fundación Alfredo Brañas, a Fundación Castelao ou a propia Fundación RosalÃa. No acto lembrouse que o Panteón, "é un sÃmbolo da identidade galega" que acolle tamén os restos de Daniel RodrÃguez Castelao, Domingos Fontán, Alfredo Brañas, Ramón Cabanillas ou Francisco Asorei.
A translación dos restos de RosalÃa que abriu este espazo desenvolveuse por iniciativa da Sociedade Económica de Amigos do PaÃs de Santiago, o Concello de Santiago de Compostela, a Asociación Rexionalista Galega e un grupo de estudantes da Facultade de Dereito da Universidade. A acción desenvolveuse co consentimento de Manuel MurguÃa e da familia de RosalÃa de Castro.