Mañá reabre ao público o Panteón de Galegos Ilustres

A xunta poderá realizar 5 actos institucionais na igrexa de San Domingos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Estaba anunciado pero non será ata mañá cando se faga oficial a reapertura do Panteón de Galegos Ilustres. A Consellaría de Cultura acaba de remitir unha nota de pensa que informa que o acordo co arcebispado inclúe o uso da igrexa de San Domingos de Bonaval (coa excepción da Capela do Rosario e do Cemiterio do Rosario) para a celebración de determinados actos institucionais. Será só para 5 días ao ano e será unha “comisión mixta” que se encargará da interpretación e seguimento deste protocolo. O acordo ten unha vixencia dun ano podendo prorrogarse.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Panteón de Galegos Ilustres, San Domingos de Bonaval