Os xornais El Correo Gallego e Faro de Vigo avanzan, citando fontes parlamentarias, a creación dunha nova fundación froito do acordo entre as forzas polÃticas representantes do pobo galego, PPdeG, PSdG e BNG para posibilitar a administración pública do Panteón de Galegos Ilustres, situado na Igrexa de Santo Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela. Segundo avanzan estes dous xornais do grupo editorial Prensa Ibérica, a nova institución será rexistrada en O Hórreo esta semana "a través dun texto consensuado previamente polas tres formacións e, presumiblemente será o vindeiro 28 de xullo cando chegue a Pleno para o seu debate e posterior aprobación". Segundo as mesmas fontes, a falta de coñecer ques serán os membros que comporán esta fundación do Parlamento galego si avánzase que "estarán integrados como membros do seu padroado, a Xunta de Galicia, o Concello de Santiago e a Igrexa" e tamén sinálase como posible presidente da fundación á persoa que ostenta o cargo de Presidente do Parlamento de Galicia.
O Panteón de Galegos Ilustres inaugurouse o 25 de maio de 1891, coa exhumación dos restos de RosalÃa de Castro do cemiterio de Adina en Padrón e o seu traslado á Igrexa de San Domingos de Bonaval. Esta homenaxe inaugurou o Panteón de Galegos Ilustres, que se localizou nunha das capelas do templo nun mausoleo creado con este propósito polo escultor Jesús Landeira. A translación dos restos de RosalÃa que abriu este espazo desenvolveuse por iniciativa da Sociedade Económica de Amigos do PaÃs de Santiago, o Concello de Santiago de Compostela, a Asociación Rexionalista Galega e un grupo de estudantes da Facultade de Dereito da Universidade. A acción desenvolveuse co consentimento de Manuel MurguÃa e da familia de RosalÃa de Castro. No panteón descansan restos de outros históricos intelectuais e artistas como Daniel RodrÃguez Castelao, Alfredo Brañas, Francisco Asorey ou Domingo Fontán. Hai máis propostas para levar alà outras figuras senlleiras da nosa cultura.
O debate sobre a súa xestión e acceso leva máis dunha década enriba da mesa. O Panteón de Galegos Ilustres pechouse ao público xeral desde que a titularidade da igrexa de San Domingos de Bonaval pasou a ser do Arcebispado de Santiago, nunha sentenza que se executou en 2010 e que devolvÃa o inmoble á igrexa que o perdera durante a Desamortización no século XIX pasando a titularidade pública, concretamente do Concello de Santiago ata o que o Tribunal Supremo lle deu a razón a unha demanda do Arcebispado e devolveulle a titularidade da capela, que non do resto do convento. Tras diso o acceso público ao Panteón de Galegos Ilustres, estivo limitado a datas concretas e poucos dÃas ao ano, sen existir guÃas ou réximes de visitas. O anterior intento de regular o acceso foi a elaboración dunha Proposta de Lei do Panteón de Galicia que, por iniciativa do Museo do Pobo Galego, presentou o Consello da Cultura Galega en 2011 consensuada con institucións como a Real Academia Galega, a Fundación Alfredo Brañas, a Fundación Castelao e a Fundación RosalÃa.