O antigo contencioso que mantiñan o Concello de Santiago e a Arcebispado pola propiedade da igrexa de San Domingos de Bonaval reamatou o pasado martes cunha resolución que dá a Igrexa a propiedade do templo. Unha sentencia do xulgado número cinco da Audiencia da Coruña fará que, se o Concello non apela, o espacio que actualmente se dedica a usos culturais volte á súa primixenia función de culto.
O litixio
O convento de San Domingos de Bonaval pasou a mans do Concello de Santiago coa súa "horta e anexos" en 1841.
Esta cesión realizouse logo de que, mediante o decreto de 1835, se decretase a supresión do convento no marco da desamorrtización por non contar con máis de doce relixiosos.
A acta realizada polos funcionarios do Concello no intre da entrega, no ano 41, non recollÃa ningunha referencia á igrexa anexa ó convento, que quedarÃa en mans do arcebispado.
Sen embargo, en 1959 o Concello inscribiu como propios tanto os edificios e as hortas do convento coma a Igrexa no Rexistro da Propiedade.
A pesar das diferencias sobre a titulariedade do recinto, as relacións entre concello e arzebispado foron boas ata 1990. O Concello destinou a igrexa a ser unha sala de exposicións e albergar actos culturais coma concertos. Habitualmente Raxoi informaba ó Arzebispado das actividades que se realizaban.
A polémica acendeuse en 1990 cando o Concello decidiu realizar obras de rehabilitación no recinto e a Igrexa reclamou a súa propiedade. AÃnda que o xulgado de primeira instancia deulle a razón ó Concello, a reclamación do arcebispado fixo que o Xulgado Número 5 da Audiencia da Coruña tomase o caso dándolle finalmente a razón a Igrexa.
Queda todavÃa para o Concello a posibilidade de recorrer esta sentencia ante o Tribunal Supremo, o que poderÃa prolongar o litixio catro ou cinco anos máis.
O emprego
O emprego cultural que o Concello deu ó recinto da igrexa causou algúns roces co arcebispado. A realización dun desfile de peleterÃa en 1999 ou unha festa da cadea SER provocaron queixas desde o Arcebispado.
No caso de que o Concello non recurra a sentencia e esta se faga efectiva, a Igrexa xa anunciou a súa intención de que San Domingos continúe a albergar exposición pero terán que ser de contido cultural e vinculación relixiosa.
O arcebispado tamén salientou que o templo terá un emprego relixioso aÃna que non se considera probable a realización regular de cultos. Manteranse os oficios na Capela de San Roque, propiedade da confrarÃa do mesmo nome, e realizaranse misas puntuais no Panteón de Galegos Ilustres, situado nunha das capelas do recinto