Unha intervención de urxencia para atallar graves problemas de humidades será necesaria para salvagardar a tumba de Castelao no Panteón de Galegos Ilustres en Santo Domingos de Bonaval. Asà o anunciou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funciones, Román RodrÃguez, durante unha visita onte ao lugar. As últimas chuvias torrenciais afectaron ao recinto con filtracións que afectan todo espazo pero con especificidade a esa tumba, como comprobou o conselleiro en funcións no lugar, onde fixo o anuncio da acción a tomar por parte do goberno galego de xeito inmediato. Terá unha caracterÃstica de intervención de urxencia para este problema en concreto mentres se redacta un plan integral de rehabilitación por parte do Consorcio de Santiago de Compostela. O Panteón de galegos Ilustres ten unha lei propia para a súa xestión e protección aprobada en xullo de 2023 que o recoñece como un dos simbolos da identidade galega.