O Diario Oficial de Galicia publica hoxe e fai vixente desde mañá a LEI 5/2023, do 4 de agosto, do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres. O texto legal aprobado no Parlamento de Galicia con consenso de todas as forzas polÃticas representantes da cidadanÃa galega e das institucións implicadas no recinto comeza de inmediato a regular un novo xeito de xestión deste espazo sito na Igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela. No seu artigo primeiro a nova lei deixa clara a natureza simbólica e o obxectivo do lugar: "O Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, sÃmbolo da identidade do pobo galego e da súa continuidade histórica, é o espazo fÃsico destinado a honrar e perpetuar a memoria das persoas que teñan contribuÃdo significativamente á afirmación da identidade de Galicia, ao coñecemento desa identidade e á súa defensa, asà como ao desenvolvemento do progreso do pobo galego en particular e da humanidade en xeral". Segundo recolle esta norma a forma escollida para institucionalizar o Panteón é a de fundación pública autonómica "porque é a máis acaÃda para facilitar a cooperación entre todas as institucións públicas e privadas chamadas a cumprir cos obxectivos perseguidos" e deseguido pasa a regular algúns dos aspectos da futura Fundación Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, como a súa composición e órganos.
A lei indica cales deben ser os méritos das persoas cuxos restos poidan soterrarse no Panteón. Nel, recolle o texto, "honraranse as galegas e os galegos que se teñan distinguido durante a súa vida polos servizos prestados a Galicia, particularmente: Na defensa dos valores compartidos polo pobo galego, como o respecto á dignidade das persoas e aos seus dereitos, á liberdade ou á solidariedade; na reivindicación da cultura, da lingua galega e da personalidade histórica de Galicia; na contribución ao coñecemento cientÃfico e ao desenvolvemento das ciencias humanas, sociais, naturais, da saúde ou tecnolóxicas; na creación artÃstica e literaria galega". Ademais diso contempla tamén o texto a capacidade da Fundación Panteón de Galegas e Galegos Ilustres para asinar un convenio de colaboración coa consellarÃa da Xunta de Galicia competente en materia de cultura coa finalidade de que os servizos competentes do Museo do Pobo Galego asuman a xestión material ordinaria do espazo fÃsico do Panteón en San Domingos de Bonaval, coa adecuada compensación financeira dos gastos adicionais en que incorra.
Os antecedentes á aprobación deste texto atópanse no momento en que o Consello da Cultura Galega, de acordo cos padroados das fundacións que honran a memoria das ilustres persoas soterradas en San Domingos de Bonaval, elaborou e fixo chegar ao Parlamento unha proposta para a regulación do Panteón. Desde entón, avanzouse para conseguir un amplo acordo social e polÃtico dirixido a institucionalizar o Panteón de Galegos Ilustres, un acordo que abranguese tanto as forzas polÃticas con representación parlamentaria como os propietarios dos espazos onde asenta o Panteón, isto é, a Igrexa e o Concello; as institucións públicas e privadas que promoven a cultura de Galicia (Consello da Cultura, Real Academia Galega ou Museo do Pobo Galego, entre outras); e os padroados das mencionadas fundacións. Trátase dun acordo que ten como obxectivo que o Panteón desempeñe un papel vivo e activo como lugar de encontro, aprendizaxe e alento do sentir da comunidade dos galegos e galegas de dentro e de fóra do paÃs. Resólvese deste xeito unha situación de malestar co uso e acceso ao lugar que ven ocorrendo desde que a titularidade da igrexa de San Domingos de Bonaval pasou a ser do Arcebispado de Santiago, nunha sentenza que se executou en 2010 e que devolvÃa o inmoble á igrexa que o perdera durante a Desamortización no século XIX pasando a titularidade pública, concretamente do Concello de Santiago ata o que o Tribunal Supremo lle deu a razón a unha demanda do Arcebispado e devolveulle a titularidade da capela, que non do resto do convento. Tras diso o acceso público ao Panteón de Galegos Ilustres, estivo limitado a datas concretas e poucos dÃas ao ano, sen existir guÃas ou réximes de visitas.
Unha Fundación para a cooperación
A forma escollida para institucionalizar o Panteón é a de fundación pública autonómica en aras de facilitar a cooperación entre todas as institucións públicas e privadas chamadas a cumprir cos obxectivos perseguidos, explica o texto legal. O seu carácter público e a vinculación ao Parlamento serán garante da súa continuidade no tempo, a súa sustentabilidade económica e o seu carácter de sÃmbolo compartido, á marxe de ningunha outra condición que a común pertenza ao pobo galego, segundo reza o artigo 3 do texto publicado hoxe. Para preservar o carácter institucional do Panteón, a lei predetermina no seu artigo 4 a composición do Padroado da Fundación, composta por oito membros que representan aos poderes lexislativo e executivo da Comunidade Autónoma e aos titulares demaniais e patrimoniais dos espazos que conformarán o Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, a Igrexa e o Concello, todos eles presididos pola persoa titular da Presidencia do Parlamento de Galicia, institución representativa do conxunto do pobo galego.
Para facilitar a participación na Fundación e nas súas actividades de cantas institucións e persoas que, pola súa vinculación histórica ou presente ou pola súa capacidade de asesoramento, poidan contribuÃr a dar cumprimento aos obxectivos e fins do Panteón, o artigo 7 crea unha ampla comisión asesora, aberta a novas incorporacións temporais ou definitivas. Dela formarán parte, presididos pola persoa que asuma a Presidencia da Fundación ou polo membro do Padroado en quen delegue, un representante de cada unha das seguintes institucións: o Consello da Cultura Galega; a Real Academia Galega; a Real Academia Galega das Belas Artes; as tres universidades públicas de Galicia; as consellarÃas da Xunta que teñan atribuÃdas as funcións de cultura e patrimonio histórico e de facenda e orzamentos; o Concello de Santiago de Compostela; a Arquidiocese de Santiago de Compostela; o Museo do Pobo Galego; e, de estaren constituÃdos e en funcionamento, unha persoa representante da Sociedade Económica de Amigos do PaÃs de Santiago e un representante de cada un dos padroados que honran a memoria das persoas soterradas no Panteón de Galegos Ilustres. A esta comisión asesora poderán incorporarse, con carácter permanente ou para asesoramentos especÃficos, aqueloutras representacións ou persoas que o Padroado considerar oportuno.
A historia comezou co traslado de RosalÃa
Lembra tamén esta Lei na súa Exposición de Motivos a creación do Panteón de Galegos Ilustres no ano 1891, por iniciativa da Sociedade Económica de Amigos do PaÃs de Santiago, o Concello de Santiago de Compostela, a Asociación Rexionalista Galega e un grupo de estudantes da Facultade de Dereito da Universidade. Segundo expón, tomouse o acordo ese ano, co consentimento de Manuel MurguÃa e da familia de RosalÃa de Castro, de trasladar os restos mortais da ilustre escritora desde o cemiterio de Adina, en Iria Flavia, ata a igrexa conventual de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. AsÃ, o 25 de maio de 1891, con este traslado, e co apoio entusiasta das colectividades galegas en América, comezou a súa andaina histórica o lugar simbólico que, por influencia da prensa galega da época, foi denominado Panteón de Galegos Ilustres.
Posteriormente, co ánimo de consolidar o proxecto, no ano 1906 foi soterrado na mesma igrexa o lÃder rexionalista Alfredo Brañas, finado en 1900. En 1932, por iniciativa dun "feixe de galeguistas de Sant-Yago", comezou a celebrarse o dÃa 24 de xullo "unha misa pol-as almas de RosalÃa e de Brañas, na Eirexa onde as súas cinzas agardan a resurrección final", concibida como un acto de «xuntanza da relixiosidade e do patriotismo galego», segundo a crónica do acto publicada no número 104 da revista Nós. O golpe de Estado de 1936 e a Guerra Civil interromperon a celebración desta misa, ata que o Padroado da Fundación RosalÃa de Castro, fundado en 1947, e que tiña entre os seus fins estatutarios o de "coidar do mausoleo de RosalÃa na igrexa de San Domingos de Compostela", asumiu en 1949 a organización dunha misa "votiva" cada 25 de xullo, nun acto ao que despois seguiu unha ofrenda floral perante o monumento dedicado á poeta na Alameda compostelá ou no propio Panteón. E cómpre subliñar que a devandita celebración non correspondÃa nin coa data do nacemento nin coa do seu pasamento, senón coa que as Irmandades da Fala fixaran como DÃa Nacional de Galicia, o 25 de xullo.
Quedou asà patente segundo expón esta lei que, alén da súa dimensión relixiosa, este acto tiña un indubidable carácter de reivindicación da identidade galega, vencellada á figura de RosalÃa de Castro. Deste xeito, San Domingos de Bonaval converteuse nun punto de encontro en que moitas persoas se xuntaban para daren, dentro dunha celebración relixiosa, testemuño de galeguismo, nunha práctica que tiña moito de resistencia e de loita por manter o facho da identidade galega durante a Ditadura.