Hoxe celébrase no CCG a xornada Escénicas. Mabel Rivera, na que un conxunto de investigadores e profesionais analizan e exploran a traxectoria artística e profesional de Mabel Rivera, sen dúbida unha das actrices galegas con máis traxectoria. A xornada, organizada pola Comisión de Igualdade do CCG, complétase cunha estensa biografía en liña sobre ela no Álbum de Mulleres.
Percorrer o mapa vital de Mabel Rivera é emprender unha viaxe vertixinosa pola historia recente do teatro galego, unha viaxe que arrinca no esforzado mundo amador do Ferrol industrial e insubmiso dos 60 para traernos ata este presente dominado pola incerteza, asegura a Comisión de Igualdade do CCG no especial que lle dedican a Mabel Rivera dentro do Álbum de Mulleres
Mabel Rivera nace en Filgueira, preto de Ferrol, no ano 1955, pero boa parte da súa infancia e mocidade vaina pasar na cidade departamental. Vinculada ao activismo teatral e social desde moi nova, participaría na fundación do Centro Dramático Galego, traballaría en dobraxe, en moitas series da TVG e no cinema. Mabel Rivera foi presidenta da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia. Podes repasar a súa longa traxectoria na nosa Cronoloxía.
A xornada
A investigadora Iolanda Ogando analizará a traxectoria de Mabel Rivera nas artes escénicas galegas e Mariam Mariño Costales, técnica da Comisión de Igualdade do CCG, presentará a Cartografía de Mabel Rivera Torres que se publica no Álbum de Mulleres de culturagalega.org.
Diferentes relatorios analizarán o papel da muller nas artes escénicas e audiovisuais actuais. Nela participarán Andrea Álvarez Pino, investigadora, Mónica Caamaño, Marta Pérez e Martín Pawley, crítico e produtor. Pola tarde, a xornalista Sandra Faginas conversará con Mabel Rivera, A reflexión e debate Unha vez houbo un novo mundo?, contará coa presenza de Eduardo Alonso, director de Teatro do Noroeste, Ánxeles Cuña, directora de Sarabela Teatro e Lara Rozados, xornalista, coa moderación de Damián Villalaín, profesor da ESAD.
Posteriormente, Cristina Domínguez dirixirá a Melania Cruz, Beatriz Campos e Sheila Fariña na proposta de microteatro Inventarios.