O orixinal traballo escultórico de Elena Colmeiro será o eixe da xornada que o Consello da Cultura Galega lle dedicará á artista o vindeiro 30 de outubro. Espazos da materia é o título de evento, que contrá coa presenza de profesionais da historia, das artes plásticas, do comisariado, dos medios de comunicación e da crítica, así como da propia artista, que participará nunha conversa con Ana Romaní. A situación da arte actual e a presenza das mulleres nas artes plásticas serán algúns dos temas que se abordarán nun programa no que participarán, entre outras, Rosario Sarmiento, directora de ABANCA, Colección de arte ou María Luísa Sobrino, coordinadora da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura. O evento, que coordinan Chus Martínez Domínguez e Natalia Poncela, rematará cunha performance de Ana Gesto inspirada na obra de Colmeiro.
Elena Colmeiro protagoniza unha xornada no Consello da Cultura
A sede a institución acollerá esta iniciativa o vindeiro 30 de outubro
18 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego
Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas
Entidades


