Morre a artista Elena Colmeiro

Destacou no uso da cerámica como soporte escultórico

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteNecrolóxicas
Compartir:
Elena Colmeiro. Foto: Xurxo Lobato / Real Academia Galega de Belas Artes

Elena Colmeiro. Foto: Xurxo Lobato / Real Academia Galega de Belas Artes

A escultora Elena Colmeiro, nacida en Silleda en 1932, acaba de falecer. Colmeiro iniciárase na arte en Bos Aires, onde emigrara coa súa familia, destacando no emprego da cerámica como soporte, a través da cal xeneraría a súa plástica. Colmeiro realizou estadías en diferentes países coma os Estados Unidos, China ou Holanda, onde aprendeu diferentes técnicas e estilos e experimentou con distintos materiais. En outubro de 2019 fora nomeada Académica de Honra da Real Academia Galega de Belas Artes, e o seu ingreso estaba pendente da mellora da situación da pandemia.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Colmeiro, Belas Artes, Real Academia Galega de Belas Artes, Estados Unidos...