A Academia de Belas Artes nomea membro de honra a Elena Colmeiro

O plenario da institución recoñece o seu labor como ceramista e escultora

28/10/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: arte
41 lecturas | Compartido 0 veces

Helena Colmeiro. Fotografía de Xurxo Lobato. Fonte: Real Academia Galega de Belas Artes

A escultora e ceramista Elena Colmeiro González foi nomeada este sábado 26 de outubro como membro de honra da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario. O plenario desta institución recoñeceu o labor desta creadora, filla do pintor Manuel Colmeiro, a sinalar o seu carácter como escultora alén de como ceramista, cun traballo en formas abstractas nas que se percibe a tradición escultórica do século XX. Entre os méritos de Colmeiro está ter recibido galardóns como o primeiro premio na Bienal de Uruguai (1966) ou a medalla de ouro en Faenza, Italia (1967), ademais de numerosas exposicións internacionais.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Colmeiro, Belas Artes, Plenario, Academia de Belas Artes...