Menchu Lamas e Soledad Penalta ingresan na Real Academia de Belas Artes

Farán parte das seccións de pintura e de escultura, respectivamente

29/5/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: arte
47 lecturas | Compartido 0 veces

A Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario conta desde a pasada fin de semana con dúas mulleres máis entre os seus membros. O plenario da institución acordou este sábado 26 de maio seleccionar como académica a escultora Soledad Penalta Lorenzo, que se integrará na sección de Escultura na praza que ocupaba o falecido Ramón Otero Túñez. Canda a ela, ingresa na institución a pintora Carmen Lamas Pérez (Menchu Lamas) que cobre a vacante de Felipe Criado na sección de Pintura e Gravado.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Soledad Penalta, Menchu Lamas, Belas Artes, Academia de Belas Artes...