Manuel Quintana Martelo foi reelixido presidente da Academia Galega de Belas Artes

É o segundo mandato do pintor á fronte da institución

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O plenario da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario celebrou o pasado 15 de decembro a elección do seu presidente. O pintor Manuel Quintana Martelo foi elixido para un segundo mandato no posto que leva ocupando desde 2014. Canda a el, escolleuse a nova Xunta de Goberno da institución, composta por Celestino García Braña como vicepresidente; Felipe Senén López no cargo de secretario xeral, Miguel Fernández-Cid no posto de tesoureiro, María Victoria Carballo-Calero Ramos no rol de arquiveira-bibliotecaria, e Soledad Penalta Lorenzo a desempeñar a función de conservadora.

Segundo destaca a entidade, no primeiro mandato de Quintana Martelo desenvolvéronse iniciativas como a institucionalización do Días das Artes Galegas, as exposicións Maestro Mateo en el Museo del Prado, Castelao Grafista na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, ou a incorporación de mulleres como académicas nas diferentes seccións da institución.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Miguel Fernández, Soledad Penalta, Miguel Fernández-Cid...