Quintana Martelo resulta elixido presidente da Academia de Belas Artes

A súa antecesora renunciara ao posto o pasado mes de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Quintana Martelo resulta elixido presidente da Academia de Belas Artes

A asemblea extraordinaria da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario que se celebrou o pasado sábado elixiu un novo presidente para esta institución. O pintor Manuel Quintana Martelo foi o seleccionado para o cargo, resultando a décimo quinta persoa en ocupar o cargo. Quintana, que fixo parte de movementos como Atlántica e que foi galardoado en 2012 do Premio da Cultura Galega, substitúe no posto a Mercedes Goicoa, que anunciou a súa renuncia o pasado mes de outubro por motivos de saúde.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Academia de Belas Artes, Premio da Cultura Galega, Real Academia Galega de Belas Artes