Manuel Quintana Martelo é reelixido presidente da Academia de Belas Artes

A entidade tamén nomeou catro novos membros correspondentes

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Manuel Quintana Martelo. Fotografía de Xurxo Lobato. Fonte: RABA

Manuel Quintana Martelo. Fotografía de Xurxo Lobato. Fonte: RABA

O pleno da Real Academia Galega de Belas Artes aprobou este sábado 26 de novembro a reelección de Manuel Quintana Martelo como presidente da institución. O artista recunca así no posto que desempeña desde 2014 por un período de catro anos máis. Segundo os estatutos da entidade, este será o último mandato do pintor no cargo.

A coincidir coa sesión extraordinaria na que se realizou a elección, a Academia celebrou unha sesión ordinaria durante a cal nomeou como novos académicos correspondentes o arqueólogo Santiago Ferrer Sierra, e o investigador Juan Raúl López Naya, que foi traballador da entidade ata a súa xubilación en 2019. Canda a eles foron elixidos o historiador de cine José Luis Castro de Paz e o compositor Xavier de Paz López Nóvoa.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Academia de Belas Artes, Real Academia Galega de Belas Artes, Cine...