Miguelanxo Prado ingresa na Academia de Belas Artes

É o primeiro autor de BD que se integra na institución galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Academia de Belas Artes A Nosa Señora do Rosario aprobaba este sábado o ingreso de Miguelanxo Prado como membro numerario. Prado, proposto polos académicos Xurxo Lobato, Felipe Senén e José Ramón Soraluce, integrarase na sección de Artes da Imaxe, sendo o primeiro autor de banda deseñada que fai parte desta prestixiosa institución galega. A Academia aínda non ten data para o acto de ingreso.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguelanxo Prado, Belas Artes, Academia de Belas Artes, Felipe Senén...