Adolfo Domínguez e Fernando Acuña Castroviejo entran na Academia de Belas Artes

A entidade tamén nomeou dous académicos correspondentes

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O seu traballo no ámbito do deseño de moda valeulle a Adolfo Domínguez ser nomeado esta fin de semana como membro numerario da Real Academia Gallega de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario na sección de Artes da Imaxe. Canda a el, o plenario acordou tamén o ingreso na institución do catedrático Rafael Acuña Castroviejo na sección de Arqueoloxía e Museoloxía. A entidade acordou tamén nomear a Ángeles Pena Truque, directora do Museo de Belas Artes da Coruña, e mais ao historiador portugués João Ribeiro Parente como académicos correspondentes.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Adolfo Domínguez, Belas Artes, Academia de Belas Artes, Plenario...