A Academia de Belas Artes homenaxeará a Domingo de Andrade no Día das Artes Galegas

A entidade incorpora a Cristina García Rodero e a José María Lafuente como membros de honra e a Juan Durán como numerario

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Torre da Berenguela. Fonte: Turismo.gal

Torre da Berenguela. Fonte: Turismo.gal

A Academia Galega de Belas Artes A Nosa Señora do Rosario, acordaba esta fin de semana dedicarlle o vindeiro Día das Artes Galegas ao arquitecto Domingo de Andrade. O deseñador da torre da Berenguela da Catedral de Santiago e doutras obras destacadas como o convento de San Domingos de Bonaval ou a sacristía da catedral de Lugo será homenaxeado o vindeiro un de abril como un arquitecto galego de proxección universal. Na sesión plenaria que se celebrou este sábado, a Academia acordou tamén incorporar como membro numerario da súa sección de música o compositor Juan Durán e nomear académicos de honra a fotógrafa Cristina García Rodero e mais a José María Lafuente, creador do Arquivo Lafuente sobre arte.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Día das Artes Galegas, Juan Durán, Catedral...