O vindeiro 19 de novembro fanse 300 anos do falecemento do arquitecto Domingos Antonio de Andrade, creador da Torre do Reloxo da Catedral de Santiago ou da coñecida escaleira en espiral do convento de San Domingos de Bonaval. Para conmemorar a efeméride, o Concello de Cee, berce do construtor organizará a exposición De Cee a Comopostela. Vida e obra dun xenio que abre as súas portas o vindeiro 12 de outubro. Ademais, prepara un ciclo de tres conferencias sobre a figura de Andrade e un roteiro cultural. Pola súa banda, o Museo do Pobo Galego, que ocupa o Convento de Bonaval, prepara tamén actividades arredor da figura, e convocou un certame fotográfico sobre a obra deste arquitecto, a partir da cal se artellará unha exposición. O Museo tamén editará unha publicación conmemorativa.