O libro Andrade en Bonaval recolle as obras do arquitecto en 3D

Coa presentación da obra continúan as homenaxes adiadas en 2020 pola pandemia

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Andrade en Bonaval. Imaxe do Museo do Pobo.

Andrade en Bonaval. Imaxe do Museo do Pobo.

As celebracións previstas para homenaxear o arquitecto Domingo de Andrade botan a andar neste 2021 logo do adiamento das iniciativas no pasado ano, cando se lle dedicou o Dia das Artes Galegas. O Museo do Pobo Galego acollía na tarde deste 14 de xaneiro a presentación de Andrade en Bonaval, un libro no que o fotógrafo Juan Feáns retrata en imaxes tridimensionais o traballo deste creador no mosteiro compostelán, co acompañamento dunha introdución de María Xosé Fernández Cerviño.

Publicado polo propio Museo e mais co Consorcio de Santiago, "con esta publicación búscase poñer en valor a obra do arquitecto barroco máis importante da súa época,1a través da súa pegada no conxunto de San Domingos de Bonaval". Para alén das imaxes en 3D a obra inclúe fotografías convencionais, planos do edificio, debuxos de diferentes elementos arquitectónicos creados polo autor e citas de especialistas sobre os traballos recollidos.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Fernández, Xosé Fernández Cerviño, Museo do Pobo Galego, Barroco...