O Día das Artes dedicado a Domingo de Andrade amplíase a 2021

En novembro de 2020 desenvolveranse actos de homenaxe en Compostela e Cee

3/6/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: arte
40 lecturas | Compartido 0 veces

Cartel do Día das Artes 2020

A "imposibilidade de seguir co programa de actividades e actos previstos" levou a Academia Galega de Belas Artes a decidir ampliar a 2021 as celebracións do Día das Artes Galegas en homenaxe a Domingo de Andrade. A entidade apuntou nun comunicado este 2 de xuño que o traslado das conmemoracións previstas o último 1 abril, data da celebración, sumado á dificultade de decidir un novo homenaxeado para o vindeiro ano, animaron á tomar esta decisión. A ampliación das homenaxes permitirá "poder desenvolver toda a programación de forma correcta", recoñecer "a importancia da figura homenaxeada nos ámbitos internacional e galego do Barroco" e "non desmerecer o recoñecemento", segundo advirte a entidade.

De xeito previo, o vindeiro 12 de novembro, a coincidir co aniversario do arquitecto, celebrarase un acto na catedral de Santiago a lembrar a súa figura e a súa obra. Para os días 16 e 19 do mesmo mes desenvolveranse en Cee, o seu lugar de orixe, novos actos de recoñecemento da man do Concello e da Academia de Belas Artes.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cee, Belas Artes, Barroco, Día das Artes Galegas...