O 1 de abril será o Día das Artes Galegas

O Mestre Mateo protagonizará a primeira xeira desta efeméride

16/3/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Real Academia de Belas Artes Nuestra Señora del Rosario anuncia no seu web a institucionalización do Día das Artes Galegas. A efeméride, vella reivindicación desta entidade, celebrarase cada 1 de abril a partir deste mesmo ano. A data coincide coa que está gravada nos dinteis do Pórtico da Gloria, e nesta primeira xeira será precisamente o Mestre Mateo o protagonista das homenaxes. Segundo adiantou o presidente da Academia, Manuel Quintana Martelo, en cada edición seleccionarase unha figura falecida e ao longo de todo o ano se desenvolverán actos de homenaxe, publicacións e propostas de difusión arredor da mesma.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Día das Artes Galegas, Pórtico da Gloria, Belas Artes, Academia de Belas Artes