Castelao protagonizará o vindeiro Día das Artes

A Real Academia de Belas Artes homenaxea o rianxeiro na segunda edición do evento

29/6/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Logo do Mestre Mateo, Castelao. O polifacético rianxeiro será homenaxeado na segunda edición do Día das Artes Galegas, que se celebrará o 1 de abril de 2016. O plenario da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario acordaba este sábado dedicarlle ao pintor, humorista, escritor e investigador esta data "en función dos extraordinarios méritos artísticos" da súa obra e a recoñecer o esforzo teórico e as achegas creativas que realizou para divulgar a dignificación de Galicia e a súas formas de expresión.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Belas Artes, Academia de Belas Artes, Plenario...