Maruxa Mallo protagonizará o Día das Artes Galegas 2017

Foi escollida polo plenario da Real Academia Galega de Belas Artes

4/7/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O pleno da Real Academia Galega de Belas Artes escolleu este sábado a Maruxa Mallo como a figura homenaxeada no Día das Artes Galegas 2017, que durante este 2016 estivo dedicado a Castelao. A figura de Maruxa Mallo é unha das personalidades clásicas das artes vinculadas á modernidade e á Segunda República. Parte da mesm a xeración de Dalí, Lorca, Zambrano e Alberti, Maruxa Mallo destacou pola súa aproximación ao surrealismo, a partir de 1932. Tivo que exiliarse a México por mor da Guerra Civil.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

06/05/2013

Occidente de Mallo

A galería About Art afonda nunha mostra a relación de Maruja Mallo na Revista de Occidente

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Día das Artes Galegas, Belas Artes, Real Academia Galega, Real Academia Galega de Belas Artes...