O Día das Artes Galegas homenaxeará a Luís Seoane en 2019

O Plenario da Real Academia de Belas de Artes aprobou por unanimidade dedicarlle a data

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Día das Artes Galegas homenaxeará a Luís Seoane en 2019

A Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario celebrou este sábado en Compostela o pleno extraordinario no que escolleu a figura homenaxeada no vindeiro Día das Artes Galegas. A única candidatura, escolleita por unanimidade, foi a de Luís Seoane, que protagonizará a celebración o vindeiro 1 de abril de 2019. A proposta de Seoane fora xa realizada en 2018 pola asociación cultural Alexandre Bóveda. O pintor, debuxante, editor, deseñador e xornalista fora xa recoñecido co Día das Letras Galegas de 1993, sendo a segunda figura, logo de Castelao, que acumula os dous recoñecementos.

Que che parece esta nova?
103 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luís Seoane, Día das Artes Galegas, Plenario, Castelao...