O plenario da Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) acordou por unanimidade dedicar o Día das Artes Galegas de 2025 a Isaac Díaz Pardo (1920-2012). O máximo órgano da Academia celebrou a súa reunión esta pasado sábado en Lalín a coincidir con actos en homenaxe ao escultor Asorey a quen este ano dedicouse o Días das Artes Galegas, o 1 de abril.
Para o nomeamento de Díaz Pardo para esta efeméride do ano que ven a RAGBA tivo en conta os seus numerosos méritos. "Á súa condición de destacado representante da arte galega como ilustre pintor e ceramista, únese a súa profunda vinculación ao longo de máis de medio século na nova etapa da restauración da Cerámica de Sargadelos, a que Díaz Pardo, ademais dunha empresa, concibiu como centro de investigación, tecnoloxía, deseño e difusión das artes e da cultura de Galicia; creador e impulsor das Cerámicas do Castro, do Laboratorio de Formas de Galicia (xunto con Luis Seoane, homenaxeado no Día das Artes Galegas 2019), das Edicións do Castro, do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, do Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos, do Laboratorio Xeológico de Laxe, e do Instituto Galego de Información, entre outros", explica a Academia. Ademais lémbrase que Isaac Díaz pardo foi académico de Honra da Real Academia Galega de Belas Artes, ingresando o 16 de xuño de 2009 nun acto celebrado na sede da Institución e é unha figura fundamental e referente ineludible para poder comprender as artes contemporáneas do noso país.