Alejandro de la Sota será homenaxeado no Día das Artes de 2018

A Real Academia Galega de Belas Artes lembrará o arquitecto na súa principal conmemoración

Alejandro de la Sota. Fonte: Academia Galega de Belas Artes
Alejandro de la Sota. Fonte: Academia Galega de Belas Artes
O arquitecto Alejandro de la Sota será o protagonista do Día das Artes Galegas. O plenario da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario escolleu este creador para lle dedicar a súa principal conmemoración, que se celebra cada ano o 1 de abril desde 2015. Na Sesión Ordinaria celebrada este sábado 1 de xullo a institución acordou dedicarlle a celebración a ter en conta "a importante significación do seu legado e da súa obra arquitectónica". No seu comunicado, a Academia destaca que De la Sota, "sen dúbida pode e debe ser considerado unha das personalidades galegas máis influintes do S. XX e, probablemente, o máis notable de entre os arquitectos españois da segunda metade dese século. A súa obra esténdese por toda España e, lóxicamente en Galicia, onde os seus edificios son dos máis estudados e publicados da nosa Arquitectura Moderna".

O arquitecto colle o relevo de Maruja Mallo, homenaxeada neste 2017, logo de Castelao e do Mestre Mateo.