O precursor do barroco

Unha exposición achégase ao arquitecto que abriu Compostela ao barroco

Detalle dunha obra de Domingos de Andrade. Fotos: Tino Viz (Margen fotografía)
Detalle dunha obra de Domingos de Andrade. Fotos: Tino Viz (Margen fotografía)
Hai obras de arte que superan aos seus creadores e creadores que marcan as súas obras de arte. Domingos de Andrade pertence ao primeiro grupo, a de creadores anónimos con obras xa case convertidas en mitos populares. A torre do reloxo da Catedral, tamén coñecida como a da Berenguela, ou a triple escaleira de caracol de San Domingos de Bonaval son da súa creación. Agora, cando se cumpren trescentos anos do seu pasamento, unha exposición desempoa a súa figura.

“Era unha obriga moral do Museo do Pobo que había tempo que quería dedicarlle unha exposición” asegura Manuel Vilar, comisario de Domingos de Andrade. Excelencia do barroco. A institución ten a súa sede no antigo convento de San Domingos de Bonaval, edificio cuxa fachada da portería, cuartos e claustro son obra deste arquitecto. Ademais, este ano coincidían dúas efemérides, o trescentos aniversario do seu nacemento e o primeiro centenario da declaración do edificio como monumento nacional. Foi así como se puxo en marcha unha exposición que, en palabras do comisario, “pretende destacar a súa vida, formación e a súa obra, centrada sobre todo en San Domingos de Bonaval”. Edificio e arquitecto son os eixes sobre os que pivota esta mostra que está aberta ata o 18 de xaneiro de 2013.

Andrade: o arquitecto
Alén da torre do reloxo, hai en Compostela numerosas obras que, en parte ou na súa totalidade, levan o seu selo. A capela do Pilar (inicialmente Sancristía da Catedral e proxectada por el como tal), a casa das Pomas (Rúa Nova), a casa da Parra (aínda que se sabe que o segundo piso e terraza posterior foi do santiagués Candeira), a casa da praza de Feijoo ou as trazas da Casa da Conga na praza da Quintana (remata por Casas Nóvoa) son só algunha das súas obras que aínda perviven hoxe. E moitas delas con trazos característicos fácilmente identificables do propio arquitecto.

Domingos de Andrade tiña un carácter peculiar e, para o comisario da exposición, iso nótase nas súas creacións. “Era un home fondamente convencido do culto a Santiago e esa idea aprécisase na cantidade de símbolos xacobeos, como poden ser as vieiras, que e introducen nas súas obras”. De feito, como arquitecto da catedral, cargo que desempeñou na maior parte da súa vida, o cabildo pediulle que exhibise o poder e relevancia de Santiago como centro de peregrinación que el logo trasladou a súas obras. Non só iso, “no século XVIII á torre do reloxo tamén se lle chamou torre do xardín, con abondosas reminiscencias relixiosas, no que pretendeu trasladar esa idea de avance do que estamos no paraíso, o futuro que nos espera no ceo” explica Manuel Vilar. Hai moitas máis características da súa obra relacionadas coa súa biografía, como a cantidade de trofeos militares ou sartas de foitas, avance do barroco arquitectónico, que anegan a súas obras.

A relixiosidade de Domingos de Andrade foi tal que, unha vez que quedou viúvo, solicitou o ingreso na orde sacerdotal. Tras unha longa enfermidade, morre o 12 de novembro de 2012, na súa casa do Pombal e os seus restos repousan na Capela da Concepción da catedral compostelá, na que desenvolveu a maior parte da súa obra.

Andrade: a talla en madeira
Malia que se sabe que cursou estudos universitarios, non está moi claro onde porque hai un período de dous anos da súa vida sen documentación. Con todo, desde a exposición tamén evidencia que alén do seu traballo en pedra que marca a súa obra como arquitecto, a madeira é un material que tamén domina. Entallador de oficio, comezou a súa carreira artística cunha preocupación pola estrutura compositiva máis que pola ornamentación.
Malia que a exposición conta con dúas cadeiras da súa autoría, Andrade foi eminentemente retablista. Do seu traballo só que da enteiro un, o altar maior da igrexa do convento das clarisas de Santiago, que se corresponde coa súa madurez artística.

De entre a súa obra desaparecida, Manuel Vilar destaca o retablo do Mosteiro de Oseira “destrozado por relixioso a golpe de machada, ante a oposición veciñal e que Blanco Amor retratou na novela Xente ao lonxe”. Columnas salomónicas, fachadas anegadas de froitas e de numerosas cunchas xacobeas, reproduce esa estética tan característica de Domingo de Andrade.

Está presente en toda a exposición, unha tendencia de exhibir esa ampla cultura que posúa Domingos de Andrade, mesmo con algunha obra orixinal. Segundo o comisario Manuel Vilar, “sabemos que tiña unha boa biblioteca, aínda que se conserven moi poucos exemplares orixinais, e tamén que era un usuario asiduo da biblioteca da universidade, de prestarse libros con outros compañeiros”.

Outras olladas
Coa exposición de Santiago de Compostela, xa van dúas as mostras que se desenvolven neste 2012 a propósito de Domingos de Andrade. O concello natal do arquitecto, Cee, quixo achegar o seu gran de area. “Domingo Antonio de Andrade (1639-1712). De Cee a Compostela. Vida e obra dun xenio” é o título da mostra na que, alén do percorrido biográfico deste arquitecto, contextualizando a época barroca e diferenciando entre a súa faceta de entallador de retablos e a de arquitecto con obras na catedral e cidade de Santiago, así como exhibindo esa maneira de traballar a pedra e a madeira no traballo dos serrachíns.

Detalle dunha cuncha xacobea na praza de Praterías. Fotos Tino Viz (Margen fotografía)

Detalle dunha cuncha xacobea na praza de Praterías. Fotos Tino Viz (Margen fotografía)

Da pedra á madeira

Da pedra á madeira

Detalle da capela do Pilar. Fotos Tino Viz (Margen fotografía)

Detalle da torre do reloxo. Fotos: Tino Viz (Margen fotografía)

Detalle da torre do reloxo. Fotos: Tino Viz (Margen fotografía)

Detalle da porta da sancristía de Lugo

Detalle da porta da sancristía de Lugo

Torre do Reloxo. Fotos: Tino Viz (Margen fotografía)

Torre do Reloxo. Fotos: Tino Viz (Margen fotografía)

Detalle sancristía da catedral de Lugo. Fotos: Tino Viz (Margen fotografía)

Detalle sancristía da catedral de Lugo. Fotos: Tino Viz (Margen fotografía)

Ligazóns