Hoxe en día vendemos as excelencias do noso país en postos de promoción turísticas nas feiras internacionais. No século XVII, no entanto, as cousas eran ben diferentes. As elites galegas da época empregaron a construción de edificios monumentais para reivindicar o peso e a importancia do Antigo Rino. Alfredo Vigo Trasancos analizou na súa obra máis recente este e outros aspectos do Barroco, un dos estilos que máis teñen marcado a nosa cultura.
Barroco. La arquitectura sagrada del antiguo Reino de Galicia (1658-1763) é o título do traballo que Alfredo Vigo Trasancos, catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago acaba de presentar sobre este estilo. Logo de ter traballado en diferentes proxectos para a recuperación de mapas e planos arquitectónicos da Idade Moderna, Vigo centrouse desta volta na análise das características e do papel que tiña a arquitectura no noso país entre os séculos XVII e XVIII. Segundo sinala, ademais de atender ás obras de arte rematadas e máis ás reproducións gráficas, traballei tamén con fontes textuais da época, o que me permitiu coñecer o pensamento e mentalidade da xente e ver o xeito no que isto se transmitía nos edificios.
Reivindicar desde o divino
Ao seu ver, as construcións do Barroco case sempre son un espello da realidade do país. Aínda que ás veces hai que descubrir o vocabulario que transmiten estas imaxes, dinnos fielmente a sensibilidade que a sociedade galega tiña acumulada, son formas con contido e significado, non só estéticas. Un significado que, segundo a súa tese, amósanos, neste tránsito entre o último terzo do século XVII e o comezo do XVIII, unha sociedade que está a tentar expresar o seu orgullo e personalidade como reino mediante estas grandes creacións. E é que na mentalidade da época considérase que estas obras están inspiradas por Deus, e que Galicia, coa tutela do Apóstolo, érguese sobre os demais reinos da Monarquía.
Ataques
A reivindicación non se debe a un simple orgullo dos galegos, senón que se produce nun contexto no que se multiplican os ataques contra o noso país. Desde o centralismo imperante no Reino de España víase un pouco como o máis afastado, con xente que falaba e pensaba de xeito diferente, advirte Vigo, sinalando que nesta época hai un certo desprezo contra os galegos. A polémica non se restrinxe aos tópicos, senón que ten unha incidencia política que busca desprazar cara ao centro da Península a importancia simbólica do Apóstolo Santiago como patrón do Reino. No século XVII chégase a aseverar (nada menos que de boca dun cardeal), que Santiago non chegara a predicar en Galicia nin en España, o que viña a invalidar a idea de que os seus restos repousasen na Catedral. Ademais discutiuse o padroado do Apóstolo, propondo outros santos como patróns de España, como por exemplo, Santa Teresa de Xesús. Todo isto nun momento no que o noso país carecía de voto nas Cortes.
Elites
Ante esta situación, chega un momento no que as elites culturais do momento buscan reivindicar e facer valorar a personalidade do país, e isto amósase na arquitectura, explica Vigo. O esforzo amósase nunha actividade arquitectónica inusitada, que acabaría marcando a paisaxe do país ata os nosos días. É un momento capital de explosión construtiva, que deu pé a unha das grandes eras arquitectónicas de Galicia. Por iso conservamos tantas obras e traballos de grande relevo. Tanto a reivindicación ideolóxica do noso país como a existencia de profesionais da arquitectura, amosa a existencia de elites intelectuais con formación e capacidade para abordar estas cuestións. Había xente formada e mentalizada, e obviamente tamén había cartos. A Catedral de Santiago, por exemplo, incrementara os seus recurso cunha concesión de Felipe IV, é nesta época tamén que se instaura a Ofrenda Rexia. A clave relixiosa na que se desenvolven as coordenadas da reivindicación galega non é de estrañar. A cultura clerical é a que manda neste momento, os nosos mentores eran relixiosos e os arquitectos traballaban para o clero. Deus está no fondo de todo, co Apóstolo como intermediario. O Escudo de Galicia co Sacramento ou a Ofrenda do Reino ao Santísimo Sacramento na Catedral de Lugo tamén son deste momento. O civil tiña un papel secundario.
Arquitectos
Dentro destas coordenadas, aparece a importancia dos arquitectos galegos no desenvolvemento do estilo en Galicia. En épocas anteriores, aínda que se construía, non había tantos arquitectos de orixe galega. A reivindicación do noso país está presente nos propios arquitectos. Así Fernando de Casas Novoa, autor da fachada do Obradoiro, está orgulloso de ser de aquí e maniféstao, fala de si mesmo como arquitecto compostelán. De xeito semellante actúan Domingos de Andrade ou Pedro Monteagudo, autor da fachada de Sobrado, que chega mesmo a asinar en pedra a súa obra, sinalando o ano, son outras mostras do esplendor dos arquitectos galegos desta época. Malia a proliferación de proxectos que se desenvolveron nesta época, houbo algún que quedou no plano. Entre estes, Vigo sinala o grande proxecto que non se chegou a completar, e dos que teñamos mención, foi a fachada barroca da Igrexa de San Francisco en Santiago. Ía facela Simón Rodríguez e coñecemos a súa imaxe por un plano, pero o proxecto coincidiu co momento de mudanza estilística e finalmente fíxose máis neoclásica.
Correntes barrocas
A nivel estilístico, o xeito no que se desenvolve esta reivindicación galega mediante a arquitectura desenvólvese, segundo sinala, Vigo, en tres correntes. A finais do século XVII as formas maniféstanse nunha decoración vexetal moi exuberante que domina todo. É o exemplo da Casa da Parra ou da balconada do Hospital Real, que é como unha selva que se traslada ao Obradoiro. Con estas representacións, segundo Vigo búscase recrear a idea de Galicia como un Paraíso na Terra, que dá todo o necesario para nos alimentar. Amosa que somos un reino que a nivel simbólico resulta máis amado do que os outros, por termos o Apóstolo como mediador. De aí este ton selvático ou primixenio de paraíso vexetal. Xa no século XVIII desenvólvense dúas tendencias ben diferenciadas. Por unha banda hai unha tendencia moi rupturista, en grande medida bastante irracional e mesmo con elementos que semellan construtivistas. É o caso do traballo de Simón Rodríguez na fachada de Santa Clara, explica este investigador. Pola outra, hai unha aposta por un traballo delicado e preciosista, como se fose de ourive. O exemplo é a fachada do Obradoiro con todos os seus elementos, que semella difícil de crer como se puido facer semellante traballo nunha pedra dura como a nosa. En xeral, esta corrente tenta dar unha imaxe celestial da arquitectura, partindo de parámetros divinos, non reais. A ordenación clásica de capiteis e formas transmútase nunha realidade superior que nos transporta ao ceo. Vemos unha arquitectura vertical, impulsada cara arriba, na que as formas fúndense coa idea da conexión entre Galicia e o ceo.
Problemas de comunicación
Malia ao grande esforzo dos galegos ilustrados de entón por reivindicar o país mediante as obras arquitectónicas, non se pode dicir que a campaña tivese moito éxito. Estas obras non acadaron moito eco fóra de aquí, un mal que se debe a problemas de difusión. Pasaba tamén en España e máis en Galicia. Non había medios de difusión iconográfica axeitados, non se fixeron gravados que puidesen transmitir esas imaxes. En xeral a arquitectura española non se coñecía mediante gravado, fronte a países como Francia ou Italia que si tiñan estupendos gravadores e publicaron libros e imaxes das súas obras arquitectónicas. Entón non se coñeceu fóra do país e en América. Mesmo cando Felipe II quixo dar a coñecer o Escorial e difundiu os planos e lazados polas cortes europeas, tivo que recorrer a gravadores flamencos.
Implantación alén das cidades
Para alén destas grandes obras, non se pode falar do Barroco no noso país sen sinalar a extraordinaria extensión do estilo no noso rural. Aínda que en menor medida que na capital, estas formas chegaron a todo o territorio. O Barroco canda ao Románico son os estilos que máis arraigaron na imaxe de Galicia como pobo, xeografía e país en definitiva, lembra Vigo. Encol do xeito no que esta arquitectura se integrou no país, sinala que nas igrexas rurais depende moito do orzamento que houbese dispoñible porque o Barroco é un estilo caro, e máis a canta máis decoración se empregue. De aí que en ocasións a igrexas parroquiais presenten unha certa sobriedade e apenas haxa ornamentos menores que as identifiquen nesta corrente. Tamén hai pequenas igrexas parroquiais que son un espectáculo, pero mesmo nos casos en que a fachada é moi sinxela, dentro atópase un retablo barroco, aínda que sexa pequeno, que representa o ceo. Cómpre pór en relación complementaria a arquitectura exterior co interior, advirte o catedrático.

Galería: Xoias do Barroco
Fachada do Obradoiro, considerada o cumio do estilo no noso país. Fonte: Turgalicia
Casa do Cabido. Santiago de Compostela
Fonte: Turgalicia
Casa da Parra. Santiago de Compostela
Un exemplo destacado da tendencia á decoración vexetal exuberante. Fonte: Turgalicia
Convento de Santa Clara. Santiago de Compostela
Mostra da corrente máis xeométrica do barroco galego. Fonte: Turgalicia
Santa María de Sobrado. Sobrado dos Monxes
Fonte: Turgalicia
Santa María a Real. Entrimo
Fonte: Turgalicia
Fonte da Coca. Pazo de Santa Cruz de Ribadulla
Fonte: Turgalicia