Javier Expósito ingresa como membro de honra na Real Academia de Belas Artes

A entidade suma tamén a Jorge Varela e a Juan Ignacio del Cueto como académicos correspondentes

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Javier Expósito (esquerda) cos alcaldes de Ribeira e Pontevedra na recollida dos Premios da Cultura Galega 2023. Fonte: Consellería de Cultura

Javier Expósito (esquerda) cos alcaldes de Ribeira e Pontevedra na recollida dos Premios da Cultura Galega 2023. Fonte: Consellería de Cultura

A Academia Galega de Belas Artes sumou tres novos membros no seu plenario do pasado 30 de novembro. Segundo deu a coñecer a entidade, Javier Expósito Paradela, fundador do Museo do Gravado e da Fundación Museo de Artes á Estampa Dixital en Artes (Ribeira) ingresará na entidade como membro de honra.

Esta categoría concédeselle "a aquelas persoas que sexan consideradas de relevante e consagrada personalidade artística ou a grandes protectores ou investigadores das artes, ou que se distingan, de modo eximio, no patrocinio e fomento das artes de Galicia".

Canda a el, a entidade aprobou tamén a incorporación como académicos correspondentes do escultor e profesor universitario Jorge Varela Barrio, canda ao arquitecto mexicano Juan Ignacio del Cueto Ruiz-Funes, Director da Facultade de Arquitectura da Universidade Autónoma de México.

O recoñecemento outórgaselle a persoas que "calquera que sexa a súa residencia, xulgue acredoras a esta distinción, polo mérito dos seus traballos artísticos ou de investigación, ou sexan obxecto dun intercambio con outras academias, valorando, en todo caso, a súa vinculación con Galicia".

Que che parece esta nova?
108 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Jorge Varela, Academia de Belas Artes, Plenario...

Claves

Protagonistas
Lugares